miércoles, 21 de diciembre de 2022

BOM NATAL

A última exposición deste ano dedicámola ás novidades en lingua portuguesa. Non marchedes sen botarlle un ollo, seguro que atopades algunha lectura para este Nadal.

Felices festas e prósperas lecturas!!




martes, 13 de diciembre de 2022

LER, O TEU MELLOR AGASALLO

"Ler, o teu mellor agasallo"

Tras o éxito do Nadal pasado, repetimos coas lecturas invernais durante a Hora de Ler 
Cada día baixará unha persoa de cada clase para recoller o seu agasallo: un texto de tema de nadal que lerán en voz alta na clase.
A verdade é que vendo o bonitos que quedaron entran ganas de abrilos, que haberá? 🙃





E en Mariñas...


EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS DO MES DE NOVEMBRO

O Mes da Ciencia en galego e o 25N foron os temas escollidos polo voluntariado de biblioteca para organizaren sendas exposicións.

Para que traballen cómodos creámoslles este espazo.








25-N NA BIBLIOTRABE

Este 25N na nosa porta houbo unha pirámide de medición do matrato.


Ademais, o noso voluntariado de lectura decorou a sala con lazos violetas  creou unha exposición bibliográfica.



CONCURSO DE CARTEIS CON LEMAS POLO 25N

Un ano máis polo 25N o EDLG convocou concurso de lemas en galego contra a violencia de xénero.


E a Bibliotrabe acolleu a entrega de premios ás gañadoras: Marina López de 3° da ESO e Lola Casais de 4° da ESO.



lunes, 21 de noviembre de 2022

jueves, 17 de noviembre de 2022

ANTÍA YÁÑEZ

Este mes de novembro visitou unha vez máis o noso centro Antía Yañez para falar co alumnado de 4°ESO da súa obra Senlleiras, que é unha das lecturas deste curso, e da violencia de xénero.

Saíron na conversa outros temas interesantes e importantes, como a saúde mental; que a autora aborda na súa nova novela, Non penses nun elefante rosa; as mulleres escritoras...






martes, 25 de octubre de 2022

miércoles, 19 de octubre de 2022

lunes, 17 de octubre de 2022

EX LIBRIS NEPHEAS

Inspirándose no primeiro libro deste ano, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas, as vagalumes crearon a súa nephea literaria: un ex libris co que identificarse.

E saíron estas chuladas!!!









sábado, 15 de octubre de 2022

DÍA DA BIBLIO. BENVIDxS!


Esta semana, para celebrarmos o Día das Bibliotecas Escolares, recibimos na Bibliotrabe o novo alumnado de 1° ESO e facémoslles entrega dos marcapáxinas co seu número persoal.

METE MEDO!

Concurso de microrrelatos de terror polo Samaín:




BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CURTOS DE TERROR PARA SAMAÍN 2022


1. PARTICIPACIÓN

Poderán participar os alumnos e as alumnas de ESO, ESA e Bacharelato.


2. TEMÁTICA E CARACTERÍSTICAS DOS RELATOS

Os textos serán de xénero de medo e teñen que ser orixinais. Dentro diso, a temática é libre. O xurado valorará a orixinalidade do relato, o argumento e a calidade lingüística. Tamén comprobará a orixinalidade dos relatos entregados e serán anulados os traballos copiados total ou parcialmente.


3. EXTENSIÓN

A extensión do microrrelato será de, como máximo, 100 palabras.


4. LINGUA

Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.


5. PRAZO E FORMA DE ENTREGA

O prazo de entrega rematará o día 24 de outubro ás 11:30 da mañá. O lugar de entrega é a Biblioteca durante os recreos. O relato entregarase con pseudónimo (polo que a folla do relato non poderá levar o nome). Na biblioteca entregarase un sobre, no que haberá que poñer no exterior o pseudónimo e no interior, ademais do relato, unha tarxeta cos datos do/a autor/a (nome, apelidos, curso e grupo).


6. CATEGORÍAS E PREMIOS

Haberá dúas categorías e un premio dun vale para a tenda Nikis (camisetas, bolsas etc.) de 30 € para cada categoría:

-Categoría A: Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.

-Categoría B: Alumnado de 4.º  da ESO, ESA e Bacharelato.

A entrega de premios terá lugar o venres 28 de outubro.

Ademais dos premios, os mellores relatos poderán ser transformados en podcast e difundidos na web e redes sociais do IES.


Organiza: Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Rego de Trabe



domingo, 25 de septiembre de 2022

CALENDARIO DO CLUB DE LECTURA

 Estas son as datas de reunión que temos previstas (se non hai cambios) para o curso 2022-23.



RECUNCHO DE LECTURA INFORMAL

Así de colorido quedou o recuncho de lectura informal na súa nova localización! Xa pasaches a velo?



OS VAGALUMES BOTAN A VOAR

Este venres xa foi a reunión inicial, o grupo quedou feito, mais non pechado (se alguén quere apuntarse aínda pode pasar os martes no recreo pola biblioteca) e xa repartimos a nosa primeira lectura:

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas.





sábado, 2 de julio de 2022

FESTA DAS VAGALUMES

 Como vén sendo habitual, puxemos o broche de ouro ao curso lector coa festa de despedida das integrantes do Club de Lectura Vagalumes no 2021-22


Esperámosvos a todas de volta o curso que vén para compartirmos novas aventuras lectoras. BO VERÁN!!!




I CONCURSO DE MONÓLOGOS EN LINGUA GALEGA IES REGO DE TRABE

O escenario da sala das Mariñas acolleu o I Concurso de Monólogos do IES Rego de Trabe, cuxa gañadora foi Alba de Lucía de 2° de ESO C e que formaba parta do Contrato Programa de oralidade.


martes, 31 de mayo de 2022

AVALIACION DA BIBLIOTECA 2021-2011

Nestes enlaces podedes colaborar dando a vosa opinión para axudarnos a mellorar. 

Estarán abertos ata o 7 de xuño premendo no grupo correspondente.


ALUMNADO

FAMILIAS


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

UN SAÚDO DO EQUIPO DA BIBLIOTRABE.

BIBLIOTRABE 💗 RECICLAXE

Xa temos novo punto de reciclaxe na biblioteca



jueves, 19 de mayo de 2022

ATÉ SEMPRE DOMINGO VILLAR

A Bibliotrabe despide con moito pesar a Domingo Villar e lembra aos seus usuarios que teñen obras do autor dispoñibles para préstamo na biblioteca.



viernes, 13 de mayo de 2022

XIMKANA DAS LETRAS

O xoves celebramos as Letras cunha ximkana de xogos tradicionas, dentro das estacións había tamén un preguntoiro, un vídeo informativo sobre Florencio Delgado Gurriarán e, na biblio, un encrucillado sobre a vida e a obra do autor.



martes, 10 de mayo de 2022

AS LETRAS DE FLORENCIO


Para aprender máis sobre o homenaxeado deste ano polas Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán, tedes na entrada estes paneis informativos.

AÍ VÉN O MAIO, POLA PORTA DO XARDÍN!

Chegou á biblioteca o mes das flores e das letras, xa tedes na vidreira o calendario con todas as datas e actividades desde mes na biblio.


Ahí ven o Maio pola porta do xardín,
ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).

Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos).

Ahí ven o Maio pola porta da debesa,
ahí ven o Maio côs seus brincos de cireixas.
(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).

Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.

Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta  con frores de S. Xoán).

Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!

Alí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botois de amerodos;
monteira frorida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;
pieites de silveiras
pieitanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.

Delgado Gurriarán, Florencio M. (1981) Cantarenas. Poemas, 1934 - 1980  (Bebedeira, Valdeorresas, Dionisias) (A Coruña: Edicións do Castro)


NOVO MOBILIARIO

Seguindo co noso plan de facer do espazo das Mariñas unha sala multidisciplinar, estreamos expositor e cadeiras, que permiten o seu uso como sala de estudo.



lunes, 2 de mayo de 2022

VISITA DE SECHU SENDE

As lectoras e lectores de bacharelato tiveron a oportunidade de charlar e intercambiar impresións de lectura co autor de Made in Galiza.







SAÍDA DAS VAGALUMES

 Como todos os anos, para pechar o curso, o alumnado integrante do club de lectura fai unha saída relacionada con algunha das obras. Neste caso foi Asasinato no Orient Express.

As vagalumes tomaron o tren para iren visitar en Compostela o Museo de Maxia Kiko Pastur, onde aprtenderon trucos para desvelar misterios lectores. E como o día era fermoso, aproveitaron para pasear pola capital e visitar a Catedral.



CITAS A CEGAS CON LIBROS

 

O noso algoritmo de amor lector funcionou á perfección. Aquí están as nosas felices parellas:









martes, 26 de abril de 2022

NAMÓRATE DE LER

 Xa te inscribiches para ter a túa cita a cegas cun libro?

NON?!

Tranquil@, hoxe no recreo tes outra oportunidade