martes, 26 de noviembre de 2019

25 N NO REGO DE TRABE

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero a biblioteca fixo unha pequena selección de fondos que podes ver á entrada.


Ademais, colgamos no corredor da biblio algunha INFOGRAFÍAS DA ONU que podes descargar premendo no enlace

Por último, en colaboración co EDLG creamos na entrada un panel na que o alumnado deixou os seus textos.

viernes, 8 de noviembre de 2019

DESPEDIMOS A MARGARITA SALAS

Neste mes da Ciencia en galego despedimos á grande neurobióloga Margarita Salas, que nos deixou onte. 

Para conseguir o teu marcapáxinas conmemorativo só tes que levar durante este mes na nosa biblio calquera libro de temática científica.

jueves, 7 de noviembre de 2019

NOVO RECUNCHO DE LECTURA INFORMAL

Non paramos de ter novidades na biblio!

A última é que xa podes gozar dun recuncho de lectura informal con cómodos sofás. A que dan ganas de ler?!



miércoles, 6 de noviembre de 2019

NOVEMBRO + BIBLIOTECA = CIENCIA EN GALEGO

Xa tedes a nova exposición de fondos da biblioteca dedicada á CIENCIA EN GALEGO.




Aproveitamos tamén para expor asemade os fondos de STEAM que adquirimos ao longo do ano, moitos deles en galego e en portugués.



E acompañámolos de viñetas de Forges de temática científica:


Aquí tedes un enlace da Asesoría de  Bibliotecas Escolares con multitude de materiais científicos no noso idioma: https://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.php

GAÑADOR DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR


Na foto podedes ver a Aarón e Antía, gañador e accésit respectivamente do concurso no primeiro ciclo.

No segundo ciclo o premio quedou deserto.

Velaquí tedes o texto gañador:




jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS E DAS ESCRITORAS


Os VAGALUMES recibiron ao alumnado a tarde do luns cunha chea de frases de animación á lectura pegadas nos chanzos das escaleiras para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como coincidía tamén co DÍA DAS ESCRITORAS seleccionaron tamén algúns nomes das autoras que o alumnado do centro lerá este curso.

A acollida polo resto foi moi boa. Estamos desexando ver que novas instalacións artísticas crean os nosos lectores!!!


https://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/aulavirtual2/mod/resource/view.php?id=5139



jueves, 17 de octubre de 2019

O VOLUNTARIADO PREPARA O SAMAÍN

O noso voluntariado vai en aumento e, ademais de axudar ao equipo coa xestión da sala, estes días andan a decorar a biblioteca, que está quedando de meeeeeeedo!


O equipo escolleu tamén algúns fondos terroríficos que podedes ver expostos na entrada e que poden servir de inspiración para as vosas propias creacións. Xa pasastes a velo?


FORMACIÓN DE USUARIOS

Estas semanas andamos moi atarefadas na biblio recibindo as novas usuarias e usuarios e ensinándoos a buscar os fondos e empregar os recursos que teñen á súa disposición na biblioteca do centro.


jueves, 10 de octubre de 2019

CLUB DE LECTURA VAGALUMES

Lembrade que aínda estades a tempo de apuntarvos para formar parte do club de lectura VAGALUMES. E de ver as súas novidades e recomendacións na súa PÁXINA DE INSTAGRAM



viernes, 4 de octubre de 2019

O SON DO MEDO

Tras o éxito do ano pasado o EDLG e a Biblioteca volven convocar un concurso de historias de terror para o Samaín.
Este ano, como novidade, as vosas historias deberán estar inspiradas polos sons deste sonigrama que o equipo creou especialmente para a ocasión e que podedes escoitar no noso iVoox:
http://www.ivoox.com/42573773
Aquí tedes as bases, que podedes descargar premendo na imaxe correspondente:
MICRORRELATOS PARA PRIMEIRO CICLO:

RELATOS DE TERROR PARA 2º CICLO E BACHARELATO:

miércoles, 9 de enero de 2019

HORA DE LER

Neste curso ampliamos a actividade HORA DE LER a todos os cursos da ESO.
Realizarase o seguimento da actividade co rexistro de lectura individual.
Acceso ao Calendario da actividade