Este é o título da biblioteca do IES REGO DE TRABE ata elixir outro consensuado pola comunidade educativa do centro.
sábado, 29 de octubre de 2022
martes, 25 de octubre de 2022
LECTURAS EN PAPEL E DIXITAIS
Os non-mortos, ese é o noso tema lector no mes de Samaín no Club de lectura.
Incorporamos por primeira vez a lectura nos e-readers dos que dispón a biblioteca.
miércoles, 19 de octubre de 2022
lunes, 17 de octubre de 2022
EX LIBRIS NEPHEAS
Inspirándose no primeiro libro deste ano, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas, as vagalumes crearon a súa nephea literaria: un ex libris co que identificarse.
E saíron estas chuladas!!!
sábado, 15 de octubre de 2022
DÍA DA BIBLIO. BENVIDxS!
Esta semana, para celebrarmos o Día das Bibliotecas Escolares, recibimos na Bibliotrabe o novo alumnado de 1° ESO e facémoslles entrega dos marcapáxinas co seu número persoal.
METE MEDO!
Concurso de microrrelatos de terror polo Samaín:
BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CURTOS DE TERROR PARA SAMAÍN 2022
1. PARTICIPACIÓN
Poderán participar os alumnos e as alumnas de ESO, ESA e Bacharelato.
2. TEMÁTICA E CARACTERÍSTICAS DOS RELATOS
Os textos serán de xénero de medo e teñen que ser orixinais. Dentro diso, a temática é libre. O xurado valorará a orixinalidade do relato, o argumento e a calidade lingüística. Tamén comprobará a orixinalidade dos relatos entregados e serán anulados os traballos copiados total ou parcialmente.
3. EXTENSIÓN
A extensión do microrrelato será de, como máximo, 100 palabras.
4. LINGUA
Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.
5. PRAZO E FORMA DE ENTREGA
O prazo de entrega rematará o día 24 de outubro ás 11:30 da mañá. O lugar de entrega é a Biblioteca durante os recreos. O relato entregarase con pseudónimo (polo que a folla do relato non poderá levar o nome). Na biblioteca entregarase un sobre, no que haberá que poñer no exterior o pseudónimo e no interior, ademais do relato, unha tarxeta cos datos do/a autor/a (nome, apelidos, curso e grupo).
6. CATEGORÍAS E PREMIOS
Haberá dúas categorías e un premio dun vale para a tenda Nikis (camisetas, bolsas etc.) de 30 € para cada categoría:
-Categoría A: Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.
-Categoría B: Alumnado de 4.º da ESO, ESA e Bacharelato.
A entrega de premios terá lugar o venres 28 de outubro.
Ademais dos premios, os mellores relatos poderán ser transformados en podcast e difundidos na web e redes sociais do IES.
Organiza: Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Rego de Trabe