Para conmemorar o día contra a violencia de xénero a biblioteca fixo unha pequena selección de fondos que podes ver á entrada.
Ademais, colgamos no corredor da biblio algunha INFOGRAFÍAS DA ONU que podes descargar premendo no enlace
Por último, en colaboración co EDLG creamos na entrada un panel na que o alumnado deixou os seus textos.
Este é o título da biblioteca do IES REGO DE TRABE ata elixir outro consensuado pola comunidade educativa do centro.
martes, 26 de noviembre de 2019
viernes, 8 de noviembre de 2019
DESPEDIMOS A MARGARITA SALAS
jueves, 7 de noviembre de 2019
NOVO RECUNCHO DE LECTURA INFORMAL
Non paramos de ter novidades na biblio!
A última é que xa podes gozar dun recuncho de lectura informal con cómodos sofás. A que dan ganas de ler?!
A última é que xa podes gozar dun recuncho de lectura informal con cómodos sofás. A que dan ganas de ler?!
miércoles, 6 de noviembre de 2019
NOVEMBRO + BIBLIOTECA = CIENCIA EN GALEGO
Xa tedes a nova exposición de fondos da biblioteca dedicada á CIENCIA EN GALEGO.
Aproveitamos tamén para expor asemade os fondos de STEAM que adquirimos ao longo do ano, moitos deles en galego e en portugués.
E acompañámolos de viñetas de Forges de temática científica:
Aproveitamos tamén para expor asemade os fondos de STEAM que adquirimos ao longo do ano, moitos deles en galego e en portugués.
E acompañámolos de viñetas de Forges de temática científica:
Aquí tedes un enlace da Asesoría de Bibliotecas Escolares con multitude de materiais científicos no noso idioma: https://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.php
GAÑADOR DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR
Na foto podedes ver a Aarón e Antía, gañador e accésit respectivamente do concurso no primeiro ciclo.
No segundo ciclo o premio quedou deserto.
Velaquí tedes o texto gañador:
jueves, 24 de octubre de 2019
DÍA DAS BIBLIOTECAS E DAS ESCRITORAS
Os VAGALUMES recibiron ao alumnado a tarde do luns cunha chea de frases de animación á lectura pegadas nos chanzos das escaleiras para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS
Como coincidía tamén co DÍA DAS ESCRITORAS seleccionaron tamén algúns nomes das autoras que o alumnado do centro lerá este curso.
jueves, 17 de octubre de 2019
O VOLUNTARIADO PREPARA O SAMAÍN
O noso voluntariado vai en aumento e, ademais de axudar ao equipo coa xestión da sala, estes días andan a decorar a biblioteca, que está quedando de meeeeeeedo!
O equipo escolleu tamén algúns fondos terroríficos que podedes ver expostos na entrada e que poden servir de inspiración para as vosas propias creacións. Xa pasastes a velo?
O equipo escolleu tamén algúns fondos terroríficos que podedes ver expostos na entrada e que poden servir de inspiración para as vosas propias creacións. Xa pasastes a velo?
FORMACIÓN DE USUARIOS
Estas semanas andamos moi atarefadas na biblio recibindo as novas usuarias e usuarios e ensinándoos a buscar os fondos e empregar os recursos que teñen á súa disposición na biblioteca do centro.
jueves, 10 de octubre de 2019
CLUB DE LECTURA VAGALUMES
Lembrade que aínda estades a tempo de apuntarvos para formar parte do club de lectura VAGALUMES. E de ver as súas novidades e recomendacións na súa PÁXINA DE INSTAGRAM
viernes, 4 de octubre de 2019
O SON DO MEDO
Tras o éxito do ano pasado o EDLG e a Biblioteca volven convocar un concurso de historias de terror para o Samaín.
Este ano, como novidade, as vosas historias deberán estar inspiradas polos sons deste sonigrama que o equipo creou especialmente para a ocasión e que podedes escoitar no noso iVoox:
http://www.ivoox.com/42573773
Aquí tedes as bases, que podedes descargar premendo na imaxe correspondente:
MICRORRELATOS PARA PRIMEIRO CICLO:
RELATOS DE TERROR PARA 2º CICLO E BACHARELATO:

miércoles, 9 de enero de 2019
HORA DE LER
Neste curso ampliamos a actividade HORA DE LER a todos os cursos da ESO.
Realizarase o seguimento da actividade co rexistro de lectura individual.
Acceso ao Calendario da actividade
Realizarase o seguimento da actividade co rexistro de lectura individual.
Acceso ao Calendario da actividade