A última exposición deste ano dedicámola ás novidades en lingua portuguesa. Non marchedes sen botarlle un ollo, seguro que atopades algunha lectura para este Nadal.
Felices festas e prósperas lecturas!!
Este é o título da biblioteca do IES REGO DE TRABE ata elixir outro consensuado pola comunidade educativa do centro.
A última exposición deste ano dedicámola ás novidades en lingua portuguesa. Non marchedes sen botarlle un ollo, seguro que atopades algunha lectura para este Nadal.
Felices festas e prósperas lecturas!!
O Mes da Ciencia en galego e o 25N foron os temas escollidos polo voluntariado de biblioteca para organizaren sendas exposicións.
Para que traballen cómodos creámoslles este espazo.
Un ano máis polo 25N o EDLG convocou concurso de lemas en galego contra a violencia de xénero.
E a Bibliotrabe acolleu a entrega de premios ás gañadoras: Marina López de 3° da ESO e Lola Casais de 4° da ESO.
Este mes de novembro visitou unha vez máis o noso centro Antía Yañez para falar co alumnado de 4°ESO da súa obra Senlleiras, que é unha das lecturas deste curso, e da violencia de xénero.
Saíron na conversa outros temas interesantes e importantes, como a saúde mental; que a autora aborda na súa nova novela, Non penses nun elefante rosa; as mulleres escritoras...
Os non-mortos, ese é o noso tema lector no mes de Samaín no Club de lectura.
Incorporamos por primeira vez a lectura nos e-readers dos que dispón a biblioteca.
Inspirándose no primeiro libro deste ano, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas, as vagalumes crearon a súa nephea literaria: un ex libris co que identificarse.
E saíron estas chuladas!!!
Concurso de microrrelatos de terror polo Samaín:
BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CURTOS DE TERROR PARA SAMAÍN 2022
1. PARTICIPACIÓN
Poderán participar os alumnos e as alumnas de ESO, ESA e Bacharelato.
2. TEMÁTICA E CARACTERÍSTICAS DOS RELATOS
Os textos serán de xénero de medo e teñen que ser orixinais. Dentro diso, a temática é libre. O xurado valorará a orixinalidade do relato, o argumento e a calidade lingüística. Tamén comprobará a orixinalidade dos relatos entregados e serán anulados os traballos copiados total ou parcialmente.
3. EXTENSIÓN
A extensión do microrrelato será de, como máximo, 100 palabras.
4. LINGUA
Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.
5. PRAZO E FORMA DE ENTREGA
O prazo de entrega rematará o día 24 de outubro ás 11:30 da mañá. O lugar de entrega é a Biblioteca durante os recreos. O relato entregarase con pseudónimo (polo que a folla do relato non poderá levar o nome). Na biblioteca entregarase un sobre, no que haberá que poñer no exterior o pseudónimo e no interior, ademais do relato, unha tarxeta cos datos do/a autor/a (nome, apelidos, curso e grupo).
6. CATEGORÍAS E PREMIOS
Haberá dúas categorías e un premio dun vale para a tenda Nikis (camisetas, bolsas etc.) de 30 € para cada categoría:
-Categoría A: Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.
-Categoría B: Alumnado de 4.º da ESO, ESA e Bacharelato.
A entrega de premios terá lugar o venres 28 de outubro.
Ademais dos premios, os mellores relatos poderán ser transformados en podcast e difundidos na web e redes sociais do IES.
Organiza: Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Rego de Trabe
Este venres xa foi a reunión inicial, o grupo quedou feito, mais non pechado (se alguén quere apuntarse aínda pode pasar os martes no recreo pola biblioteca) e xa repartimos a nosa primeira lectura:
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas.
Como vén sendo habitual, puxemos o broche de ouro ao curso lector coa festa de despedida das integrantes do Club de Lectura Vagalumes no 2021-22
O escenario da sala das Mariñas acolleu o I Concurso de Monólogos do IES Rego de Trabe, cuxa gañadora foi Alba de Lucía de 2° de ESO C e que formaba parta do Contrato Programa de oralidade.
Nestes enlaces podedes colaborar dando a vosa opinión para axudarnos a mellorar.
Estarán abertos ata o 7 de xuño premendo no grupo correspondente.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
UN SAÚDO DO EQUIPO DA BIBLIOTRABE.
A Bibliotrabe despide con moito pesar a Domingo Villar e lembra aos seus usuarios que teñen obras do autor dispoñibles para préstamo na biblioteca.
O xoves celebramos as Letras cunha ximkana de xogos tradicionas, dentro das estacións había tamén un preguntoiro, un vídeo informativo sobre Florencio Delgado Gurriarán e, na biblio, un encrucillado sobre a vida e a obra do autor.
Chegou á biblioteca o mes das flores e das letras, xa tedes na vidreira o calendario con todas as datas e actividades desde mes na biblio.
Ahí ven o Maio pola porta do xardín,
ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).
Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos).
Ahí ven o Maio pola porta da debesa,
ahí ven o Maio côs seus brincos de cireixas.
(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).
Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.
Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta con frores de S. Xoán).
Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!
Alí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botois de amerodos;
monteira frorida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;
pieites de silveiras
pieitanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.
Delgado Gurriarán, Florencio M. (1981)
Cantarenas. Poemas, 1934 - 1980 (Bebedeira, Valdeorresas, Dionisias) (A
Coruña: Edicións do Castro)
Seguindo co noso plan de facer do espazo das Mariñas unha sala multidisciplinar, estreamos expositor e cadeiras, que permiten o seu uso como sala de estudo.
Como todos os anos, para pechar o curso, o alumnado integrante do club de lectura fai unha saída relacionada con algunha das obras. Neste caso foi Asasinato no Orient Express.
As vagalumes tomaron o tren para iren visitar en Compostela o Museo de Maxia Kiko Pastur, onde aprtenderon trucos para desvelar misterios lectores. E como o día era fermoso, aproveitaron para pasear pola capital e visitar a Catedral.
Xa te inscribiches para ter a túa cita a cegas cun libro?
NON?!
Tranquil@, hoxe no recreo tes outra oportunidade