Concurso de microrrelatos de terror polo Samaín:
BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CURTOS DE TERROR PARA SAMAÍN 2022
1. PARTICIPACIÓN
Poderán participar os alumnos e as alumnas de ESO, ESA e Bacharelato.
2. TEMÁTICA E CARACTERÍSTICAS DOS RELATOS
Os textos serán de xénero de medo e teñen que ser orixinais. Dentro diso, a temática é libre. O xurado valorará a orixinalidade do relato, o argumento e a calidade lingüística. Tamén comprobará a orixinalidade dos relatos entregados e serán anulados os traballos copiados total ou parcialmente.
3. EXTENSIÓN
A extensión do microrrelato será de, como máximo, 100 palabras.
4. LINGUA
Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.
5. PRAZO E FORMA DE ENTREGA
O prazo de entrega rematará o día 24 de outubro ás 11:30 da mañá. O lugar de entrega é a Biblioteca durante os recreos. O relato entregarase con pseudónimo (polo que a folla do relato non poderá levar o nome). Na biblioteca entregarase un sobre, no que haberá que poñer no exterior o pseudónimo e no interior, ademais do relato, unha tarxeta cos datos do/a autor/a (nome, apelidos, curso e grupo).
6. CATEGORÍAS E PREMIOS
Haberá dúas categorías e un premio dun vale para a tenda Nikis (camisetas, bolsas etc.) de 30 € para cada categoría:
-Categoría A: Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.
-Categoría B: Alumnado de 4.º da ESO, ESA e Bacharelato.
A entrega de premios terá lugar o venres 28 de outubro.
Ademais dos premios, os mellores relatos poderán ser transformados en podcast e difundidos na web e redes sociais do IES.
Organiza: Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Rego de Trabe
No hay comentarios:
Publicar un comentario