miércoles, 25 de noviembre de 2020

 REUNÍMONOS O VENRES 26. PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

                                                                   VAGALUMES





    Os membros do club xa recibístedes a vosa invitación. Comezaremos compartindo as nosas inquedanzas polos libros de banda deseñada  e ata participaremos nun taller da man de Felipe e Goretti.

    Lembrade que aínda vos podedes anotar.

        Ata o venres!!!!


viernes, 13 de noviembre de 2020

FRECHAZO LIBREIRO. DÍA DAS LIBRARÍAS



Achégate a unha libraría do teu barrio  e festexa o seu día mercando un  libro cheo de aventuras, intriga, soños e momentos máxicos.

miércoles, 11 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO



Desde a  Asesoría das bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego. Bótalle un ollo a este enlace se tes curiosidade polo tema.




Por outra banda, o club de ciencias do IES vai participar nas videoconferencias que oferta IGACIENCIA. Visita a súa páxina se queres ver de que se está a falar no diferentes eidos científicos.


Apúntate ás videoconferencias do mes da ciencia en galego

E por último, co galo do mes da ciencia en galego, o alumnado de 1ª de  BACH  asistirá online a unha charla de NATALIA BARREIRO  sobre vacinas, organizada polo EDLG e relacionada coa lectura de Os nenos da varíola de María Solar. En bibliotrabe temos exemplares dispoñibles desta obra por se che apetece lela.






viernes, 6 de noviembre de 2020