jueves, 8 de octubre de 2015

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016. SVETLANA ALEXIEVICH


       
Svetlana Alexievich, de 67   anos e escritora bielorrusa, gaña o Premio Nobel de Literatura 2015. Nesta ocasión a  Academia sueca  destaca a esta escritora polos "seus escritos polifónicos, unha homenaxe ao sufrimiento e á coraxe no noso tempo".

  Destacada escritora e periodista, describe a realidade e o drama dun sector social da   poboación da antiga URSS,        (Chernóbil,  guerra de Afganistán e conflitos actuais). Declara que:  "Respeto a literatura rusa e  a ciencia, pero non as épocas de Stalin ou Putin", declaración feita ante a  prensa en Minsk, despoi de ter recibido o  premio.

miércoles, 7 de octubre de 2015

LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DECIDÍU DEDICARLLE O 17 DE MAIO DE 2016 AO POETA MANUEL MARÍA, que naceu en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador e dramaturgo recoñecido, de extensa obra e inquebrantable compromiso coa lingua galega.  



 A FALA
 O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
                                         Manuel María   Obra poética completa I (1950-1979)