viernes, 24 de diciembre de 2021

Felices lecturas!!

Chegou o día! Hoxe por fin quedou destapado o noso calendario lector de advento. Aquí podedes ver as propostas.

Vémonos no 2022 con novas propostas lectoras.

Felices festas!

jueves, 2 de diciembre de 2021

CALENDARIO LECTOR DE ADVENTO

 Para irmos entrando no frío invernal que tanto convida á lectura, o equipo seleccionou unha serie de fragmentos, un para cada día do mes que irán desvelándose ao ir abrindo as correspondentes caixas.



O NOSO ATA LOGO A DARÍO XOHAN CABANA E ALMUDENA GRANDES

 

Dous imprescindibles das Letras deixáronnos este mes. 

Na Bibliotrabe podes ler as seguintes obras da súa autoría:

DARÍO XOHAN CABANA:

As aventuras de Breogán Folgueira

Cándido Branco e o Cabaleiro Negro

Galván en Saor


ALMUDENA GRANDES:

Estaciones de paso

Inés y la alegría



martes, 30 de noviembre de 2021

25N NO RDT

O alumnado interpretou pezas musicais e recitou poemas contra a violencia de xénero na entrada de ambos os edificios.





TRABALLOS GAÑADORES DO CONCURSO DE LEMAS DO EDLG




  • Antía Riestra, de 1º de Bach. B, na categoría de Bacharelato e ESA.
  • Iria Costoya, de 4º A, na categoría de 3º e 4º da ESO.
  • Ainhoa García, de 2º B, na categoría de 1º e 2º da ESO.

lunes, 15 de noviembre de 2021

PRIMEIRA REUNIÓN DO CURSO DOS VAGALUMES

O noso Club de lectura Vagalumes comeza este ano coa lectura da novela O mono do asasino.

Hoxe tiveron a primeira reunión para intercambiaren opinións sobre o lido.



jueves, 4 de noviembre de 2021

BD NA SALA DAS MARIÑAS

No edificio das Mariñas poderedes gozar durante este mes dunha exposición de obras de banda deseñada realizadas polos profesores do centro Felipe Bueno e Nacho Baamonde.


DE CIENCIA E FICCIÓN

Así, de ciencia e ficción, son os libros que seleccionamos para a nova exposición, que estará na biblioteca neste Mes da Ciencia en galego.


 Ademais, a sala das Mariñas acollerá a mediados de mes unha serie de conferencias online de ciencia en galego organizadas polo EDLG.

miércoles, 27 de octubre de 2021

PESADELO NA BIBLIO

 Esta é a proposta da biblioteca para o concurso de portas de Halloween.



Se te atreves a pasar temos para ti unha selección de lecturas terroríficas para esta ponte.





lunes, 18 de octubre de 2021

lunes, 11 de octubre de 2021

COMEZA A HORA DE LER 2021-2022

Non esquezas a lectura na casa!!!

Este mércores 13 de outubro comeza, a primeira hora, para todos os cursos da ESO, a Hora de ler.







RESEÑA DA NOVA SALA EN TWITTER


 

FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS

Esta primeira semana do mes das bibliotecas escolares o equipo estivo totalmente volcado na formación dos novos usuarios e usuarias, que xa recibiron os marcapáxinas cos seus números de lector/a e un agasallo de parte da BIBLIOTRABE.

A semana rematou cunha actividade lúdica na que tiveron que facer uso  do aprendido para resolveren un enigma.



domingo, 3 de octubre de 2021

ABRIMOS!

Sabemos que o estabades esperando, por iso, o luns 4 volvemos con novo equipo e con moitas ganas.

E cunha nova sala que o noso coordinador deseñou especialmente para que o alumnado de bacharelato e da ESA poida usala como sala de estudo, consulta e préstamo.

Esperámosvos!!

martes, 29 de junio de 2021

FIN DE FESTA DOS VAGALUMES



Fin  de festa do Club de Lectura Vagalumes!



    Como actividade de fin de curso e trala lectura de O bosque animado o Club de Lectura Vagalumes realizou unha ruta literaria a Villa Florentina, a Casa-Museo de  Wenceslao Fernández Flórez. Á volta do roteiro, os membros do club realizaron un taller de cianotipia en Bibliotrabe aproveitando as herbas de San Xoán recollidas na Fraga do Eume.

  

martes, 1 de junio de 2021

TALLER DE MARCAPÁXINAS LED

 TALLER DE MARCAPÁXINAS



                
        Hoxe, Sandra Villar do equipo de Normalización lingüística e membro do equipo de Biliotrabe impartiu un taller de confección de marcapáxinas luminosos. Os membros do Club de Lectura Vagalumes, xunto coa súa coordinadora, Goretti, diseñaron uns puntos de lectura aos que logo implementaron un sinxelo circuito eléctrico con fío de cobre, unha pila e unha luz led. O resultado son uns atractivos e divertidos  sinalizadores de páxinas.

miércoles, 12 de mayo de 2021


DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 17 DE MAIO.

                                                    

                                     BA
                                     LÉIRATE
                                     ME

                                                     



        O Equipo de Normalización lingüística preparou unha exposición que está a vosa disposición  nos corredores  do IES de Rego de Trabe sobre a poetisa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Ó longo destes días fomos vendo como se ían volteando as diferentes pezas do puzzle-mural ata completar o sentir dos versos de XELA ARIAS.

    Por outra banda, os alumnos de 1º de ESO coa profesora de Educación Plástica, Pilar, estiveron a traballar en recreacións da figura de Rosalía, a quen  Xelia Arias louvaba con estas palabras:

Se na vida cotiá o balazo
non rebenta en estourido a estupidez, pouco importa intelixencia ou sentimento.
Inmaculábante. Eras necesaria. Inmacúlante. Es o principio da camiñada.







😊E MAÑÁN AGÁRDAVOS A TODOS UNHA SORPRESA. NA ENTRADA Ó INSTITUTO SEREDES AGASALLADOS CUNS POEMAS DE XELA ARIAS.
HABERÁ UN PARA CADA UN DE VÓS!!!

miércoles, 21 de abril de 2021

 DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL

    Xa vos podemos amosar a sorpresa que vos tiñamos preparada. Grazas pola enorme creatividade e polo traballo colaborativo. Propuxémosvos facer Bookface cos libros que tiñades por casa ou ben cos da biblioteca do noso centro. Puxéstesvos a darlle ó maxín... Tivemos moitas visitas este días en Bibliotrabe á procura das portadas máis inxeniosas e o resultado é esta mostra que vos deixamos aquí neste vídeo. Moitas grazas e desexámosvos lecturas apaixoantes!!!!



Música do vídeo: Belle and Sebastian, "Wrapped up in books".

miércoles, 14 de abril de 2021

 23 DE ABRIL. 

                        CREAcción Día do Libro 2021

    Na biblioteca do Rego estamos preparando un xeito lúdico de festexar o día do libro e dos lectores. Todos os alumnos e profes están chamados a participar coas súas creacións e as súas propostas. Que voe a creatividade!!! Chegado o día ensinarémosvos o que estamos a argallar...



miércoles, 10 de marzo de 2021

                                                                 8M



 

jueves, 25 de febrero de 2021

                24 F DÍA DE ROSALÍA


 

CELEBRAMOS O DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. Realizamos unha serie de actividades interdisciplinares co traballo colaborativo do equipo  de Normalización Lingüística, de Bibliotrabe, do Espazo Maker e o Club de Ciencias. Deixámosvos unha mostra nesta galería de imaxes das exposicións  situadas no recibidor do edificio do Rego de Trabe, na Biblioteca, no edificio das Mariñas, da caixa  de luz feita polos alumnos de Tecnoloxía e dos puntos de lectura con leds polo Equipo de Normalización Lingüística xunto co Club de Ciencias.





miércoles, 10 de febrero de 2021

 



          DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA





           

Con motivo do día de commemoración do día da muller e da nena na ciencia, o venres 11 de febreiro, estamos a desenvolver diferentes actividades para visibilizar a aportación das mulleres aos campos científico e tecnolóxico e fomentar a actividade das nosas alumnas en ciencias e tecnoloxías.

As actividades que estamos a realizar son:

  • Exposición de carteis sobre mulleres destacadas no ámnbito científico e tecnolóxico realizado polo alumnado de TIC de 4º de ESO.
  • Concurso de tiras de cómic que representen a vida de algunha muller científica.
  • Proxección na recepión do edificio principal do centro de documentais acerca de diferentes mulleres científicas.
  • Reparto de pegatinas.
  • Exposición en Bibliotrabe dos fondos vinculados con mulleres cienttíficas.


martes, 2 de febrero de 2021

 

    CHARLA DO PROFESOR NACHO M. BAAMONDE

                        SEMANA DA ILUSTRACIÓN




    

 Onte, día 1 de febreiro, Nacho ofreceunos unha charla en Bibliotrabe á que asistiron os rapaces de 1º e 2º  que participan nos talleres de cómic de Felipe. Nacho falounos primeiro de como se achegara ó comic como lector, mostrounos algúns clásicos do xénero e curiosidades e logo descubriunos a súa faceta como debuxante de banda deseñada. Todo un luxo ver os debuxos orixinais. Moitas grazas por ter organizado este encontro.

miércoles, 13 de enero de 2021

 SEMANA DA ILUSTRACIÓN ( 30 de xaneiro)

AMPLIAMOS A SECCIÓN DE MANGA E LIBRO ILUSTRADO



    O 30 de Xaneiro festéxase o día da Ilustración. Estamos a preparar algunhas sorpresas que iremos desvelando pero tamén pedímosvos suxestións. Sabemos que no IES Rego de Trabe hai moitos lectores e lectoras de Manga, de aí que os clubs de lectura do centro estén a ler banda deseñada e que nos recreos Felipe leve a cabo obradoiros de cómic. Esta mesma semana estase a formar outro grupo con alumnos de 4º!


   PODEDES APORTAR PROPOSTAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS ILUSTRADOS E MANGA!

    Só tedes que facer as vosas achegas a calquera profesor do centro ou ben vinde pola Biblioteca e tomaremos nota dos títulos que vos gustaría ter a vosa disposición en Bibliotrabe.


    Algunhas propostas xa figuran nos vidros da Biblioteca e foron recollidas polos membros do club de lectura para as vacacións do Nadal.








lunes, 11 de enero de 2021

 DÍA DO USUARIO DA BIBLIOTECA

    Hoxe, día 11 de xaneiro, festexamos a efeméride do usuario da Biblioteca. Cada alumno e compañeiro que se achegou á Bibliotrabe recibiu un fermoso e doce agasallo. Nos vidros da porta de acceso á préstamos, tiñamos un anuncio para explicarvos a nova e parece que o reclamo funcionou... Grazas a Luis e a Goretti por preparar este presente.





    Como vos está a gustar o agasallo do "Usuario da Biblioteca" decidimos ampliar a festividade a toda a semana. Mentres non se esgoten, continuaremos a repartir as libretiñas ata o venres. Vide visitarnos.