DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 17 DE MAIO.
BA
LÉIRATE
ME
O Equipo de Normalización lingüística preparou unha exposición que está a vosa disposición nos corredores do IES de Rego de Trabe sobre a poetisa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Ó longo destes días fomos vendo como se ían volteando as diferentes pezas do puzzle-mural ata completar o sentir dos versos de XELA ARIAS.
Por outra banda, os alumnos de 1º de ESO coa profesora de Educación Plástica, Pilar, estiveron a traballar en recreacións da figura de Rosalía, a quen Xelia Arias louvaba con estas palabras:
Se na vida cotiá o balazo
non rebenta en estourido a estupidez, pouco importa intelixencia ou sentimento.
Inmaculábante. Eras necesaria. Inmacúlante. Es o principio da camiñada.
😊E MAÑÁN AGÁRDAVOS A TODOS UNHA SORPRESA. NA ENTRADA Ó INSTITUTO SEREDES AGASALLADOS CUNS POEMAS DE XELA ARIAS.
HABERÁ UN PARA CADA UN DE VÓS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario