MES DA CIENCIA EN GALEGO
Desde a Asesoría das bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego. Bótalle un ollo a este enlace se tes curiosidade polo tema.
Por outra banda, o club de ciencias do IES vai participar nas videoconferencias que oferta IGACIENCIA. Visita a súa páxina se queres ver de que se está a falar no diferentes eidos científicos.
Apúntate ás videoconferencias do mes da ciencia en galego
E por último, co galo do mes da ciencia en galego, o alumnado de 1ª de BACH asistirá online a unha charla de NATALIA BARREIRO sobre vacinas, organizada polo EDLG e relacionada coa lectura de Os nenos da varíola de María Solar. En bibliotrabe temos exemplares dispoñibles desta obra por se che apetece lela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario