martes, 29 de marzo de 2022

DÍA DO TEATRO

Este curso celebramos o Día do teatro coa asistencia do alumnado dos ciclos superiores á representación de "Alma de tigre", o último espectáculo da compañía Elefante Elegante, residente no Concello de Culleredo, cuxos integrantes charlaron sobre a montaxe con alumnado ao final de cada función.


E o alumnado de 4º de ESO fixo estes traballos de publicidade:






DÍA DA POESÍA

Para celebrarmos o 21 de marzo o alumnado de primeiro da ESO creou uns paneis poéticos con versos de todo tipo, desde autoras clásicas como Rosalía até actuais como Eduardo Estévez ou Carlos Negro, pasando por letras de temas de Sés e O Leo e, claro está, pola autocreacion. 

Se te fixas ben, podes velos xa poetizando os corredores do centro.



martes, 22 de marzo de 2022

VISITA DE MARÍA CANOSA

María Canosa visitou o IES Rego de Trabe para falar de Emilia Pardo Bazán dentro do programa de Actividades literarias en institutos do MECD




A autora deixou asinado para a Bibliotrabe un exemplar da súa biografía, ilustrada por Bea Gregores, sobre Emilia Pardo Bazán:  "Unha mente poderosa".


martes, 8 de marzo de 2022

8M DE CINE

 Pasa a ver a nosa selección de filmes feministas.

E na entrada os paséis informativos






DÍA DE ROSALÍA

 Rosalía pasou polo centro a celebrar o seu aniversario e o alumnado de 2ºC agasallouna con esa vistosa saia.