SEMANA DA ILUSTRACIÓN ( 30 de xaneiro)
AMPLIAMOS A SECCIÓN DE MANGA E LIBRO ILUSTRADO
SEMANA DA ILUSTRACIÓN ( 30 de xaneiro)
AMPLIAMOS A SECCIÓN DE MANGA E LIBRO ILUSTRADO
O 30 de Xaneiro festéxase o día da Ilustración. Estamos a preparar algunhas sorpresas que iremos desvelando pero tamén pedímosvos suxestións. Sabemos que no IES Rego de Trabe hai moitos lectores e lectoras de Manga, de aí que os clubs de lectura do centro estén a ler banda deseñada e que nos recreos Felipe leve a cabo obradoiros de cómic. Esta mesma semana estase a formar outro grupo con alumnos de 4º!
PODEDES APORTAR PROPOSTAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS ILUSTRADOS E MANGA!
Só tedes que facer as vosas achegas a calquera profesor do centro ou ben vinde pola Biblioteca e tomaremos nota dos títulos que vos gustaría ter a vosa disposición en Bibliotrabe.
Algunhas propostas xa figuran nos vidros da Biblioteca e foron recollidas polos membros do club de lectura para as vacacións do Nadal.