jueves, 5 de octubre de 2017

Estamos de volta

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 
Para máis información clica na imaxe

viernes, 12 de mayo de 2017

NUBES DE PALABRAS

Na nosa lingua hai milleiros de palabras fermosas que agardan por vós. Descúbrideas.

Con motivo do Día das Letras Galegas, queremos encher a nosa biblioteca coas palabras que máis vos gusten. Podedes crear con elas imaxes .É moi doado.


Estas imaxes están realizadas con Tagxedo. Clicade na andoriña para saber como se fai. Se tedes dificultades podedes acudir á biblioteca.




CARLOS CASARES,protagonista do Día das Letras Galegas 2017

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendirase homenaxe a Carlos Casares ( Ourense, 1941-Nigrán,2002),unhas das figuras máis renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Xunto a Ramón Piñeiro redactou a Lei de Normalización Lingüística (1983).

Para coñecer máis sobre a súa vida e obra podedes clicar na imaxe da Fundación Carlos Casares.



No Portal das Palabras atoparedes un interesante retrato léxico do protagonista das Letras Galegas 2017. Clica na imaxe



Tamén temos unha exposición sobre o autor no primeiro andar do instituto. Poderá ser visitada, por calquera persoa interesada, de luns a venres en horario de 10 a 12 da mañá.

Libros dispoñibles na plataforma GaliciaLe

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

viernes, 5 de mayo de 2017

PROXECTO MATEMÁTICAS.

     

                           

O alcalde de Culleredo,Julio Sacristán, visitou o noso centro para ser entrevistado polos alumnos e alumnas que participan nun proxecto impulsado polo departamento de matemáticas no marco dos Contrato-Programa. O proxecto persegue mellorar a excelencia aplicando un enfoque matemático ao espazo natural  da ría do Burgo.

O acto desenvolveuse no salón de actos e nel participou todo o alumnado de 2º de ESO, que seguiu con gran interese tanto a exposición do alcalde, como o turno de preguntas formuladas polos compañeiros e compañeiras implicados no proxecto. Foron tantas que houbo que prolongar o acto máis alá do previsto inicialmente.

Prensa da comarca como A opinión e El noticiciero de Arteixo fixéronse eco desta actividade nas súas páxinas .




lunes, 3 de abril de 2017

MARUXA MALLO-DÍA DAS ARTES GALEGAS 2017


Maruxa Mallo foi unha muller de forte personalidade, defensora dos dereitos e liberdades das mulleres, que rompeu con todo tipo de esquemas e convencións.
Figura destacada da Xeración do 27, converteuse coa súa estética trasgresora, nun dos grandes expoñentes do surrealismo figurativo.

Documental dirixido por Antón Reixa en 2008 para TVE.
Museo Reina Sofía.Obra de Maruxa Mallo

miércoles, 15 de febrero de 2017

Plataforma dixital de Fundación Telefónica e a Fundación José Manuel Lara para fomentar a lectura nas aulas.
Clica na imaxe.