martes, 31 de mayo de 2022

AVALIACION DA BIBLIOTECA 2021-2011

Nestes enlaces podedes colaborar dando a vosa opinión para axudarnos a mellorar. 

Estarán abertos ata o 7 de xuño premendo no grupo correspondente.


ALUMNADO

FAMILIAS


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

UN SAÚDO DO EQUIPO DA BIBLIOTRABE.

BIBLIOTRABE 💗 RECICLAXE

Xa temos novo punto de reciclaxe na biblioteca



jueves, 19 de mayo de 2022

ATÉ SEMPRE DOMINGO VILLAR

A Bibliotrabe despide con moito pesar a Domingo Villar e lembra aos seus usuarios que teñen obras do autor dispoñibles para préstamo na biblioteca.



viernes, 13 de mayo de 2022

XIMKANA DAS LETRAS

O xoves celebramos as Letras cunha ximkana de xogos tradicionas, dentro das estacións había tamén un preguntoiro, un vídeo informativo sobre Florencio Delgado Gurriarán e, na biblio, un encrucillado sobre a vida e a obra do autor.



martes, 10 de mayo de 2022

AS LETRAS DE FLORENCIO


Para aprender máis sobre o homenaxeado deste ano polas Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán, tedes na entrada estes paneis informativos.

AÍ VÉN O MAIO, POLA PORTA DO XARDÍN!

Chegou á biblioteca o mes das flores e das letras, xa tedes na vidreira o calendario con todas as datas e actividades desde mes na biblio.


Ahí ven o Maio pola porta do xardín,
ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).

Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos).

Ahí ven o Maio pola porta da debesa,
ahí ven o Maio côs seus brincos de cireixas.
(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).

Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.

Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta  con frores de S. Xoán).

Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!

Alí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botois de amerodos;
monteira frorida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;
pieites de silveiras
pieitanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.

Delgado Gurriarán, Florencio M. (1981) Cantarenas. Poemas, 1934 - 1980  (Bebedeira, Valdeorresas, Dionisias) (A Coruña: Edicións do Castro)


NOVO MOBILIARIO

Seguindo co noso plan de facer do espazo das Mariñas unha sala multidisciplinar, estreamos expositor e cadeiras, que permiten o seu uso como sala de estudo.



lunes, 2 de mayo de 2022

VISITA DE SECHU SENDE

As lectoras e lectores de bacharelato tiveron a oportunidade de charlar e intercambiar impresións de lectura co autor de Made in Galiza.







SAÍDA DAS VAGALUMES

 Como todos os anos, para pechar o curso, o alumnado integrante do club de lectura fai unha saída relacionada con algunha das obras. Neste caso foi Asasinato no Orient Express.

As vagalumes tomaron o tren para iren visitar en Compostela o Museo de Maxia Kiko Pastur, onde aprtenderon trucos para desvelar misterios lectores. E como o día era fermoso, aproveitaron para pasear pola capital e visitar a Catedral.



CITAS A CEGAS CON LIBROS

 

O noso algoritmo de amor lector funcionou á perfección. Aquí están as nosas felices parellas: