Chegou o día! Hoxe por fin quedou destapado o noso calendario lector de advento. Aquí podedes ver as propostas.
Vémonos no 2022 con novas propostas lectoras.
Felices festas!
Este é o título da biblioteca do IES REGO DE TRABE ata elixir outro consensuado pola comunidade educativa do centro.
Chegou o día! Hoxe por fin quedou destapado o noso calendario lector de advento. Aquí podedes ver as propostas.
Vémonos no 2022 con novas propostas lectoras.
Felices festas!
Para irmos entrando no frío invernal que tanto convida á lectura, o equipo seleccionou unha serie de fragmentos, un para cada día do mes que irán desvelándose ao ir abrindo as correspondentes caixas.
Dous imprescindibles das Letras deixáronnos este mes.
Na Bibliotrabe podes ler as seguintes obras da súa autoría:
DARÍO XOHAN CABANA:
As aventuras de Breogán Folgueira
Cándido Branco e o Cabaleiro Negro
Galván en Saor
ALMUDENA GRANDES:
Estaciones de paso
Inés y la alegría
O alumnado interpretou pezas musicais e recitou poemas contra a violencia de xénero na entrada de ambos os edificios.
O noso Club de lectura Vagalumes comeza este ano coa lectura da novela O mono do asasino.
Hoxe tiveron a primeira reunión para intercambiaren opinións sobre o lido.
Así, de ciencia e ficción, son os libros que seleccionamos para a nova exposición, que estará na biblioteca neste Mes da Ciencia en galego.
Esta é a proposta da biblioteca para o concurso de portas de Halloween.
Se te atreves a pasar temos para ti unha selección de lecturas terroríficas para esta ponte.
Os Vagalumes espérante xunto con Sally Jones e os seus amigos para que coñezas a súa historia.
Non esquezas a lectura na casa!!!
Este mércores 13 de outubro comeza, a primeira hora, para todos os cursos da ESO, a Hora de ler.
Esta primeira semana do mes das bibliotecas escolares o equipo estivo totalmente volcado na formación dos novos usuarios e usuarias, que xa recibiron os marcapáxinas cos seus números de lector/a e un agasallo de parte da BIBLIOTRABE.
A semana rematou cunha actividade lúdica na que tiveron que facer uso do aprendido para resolveren un enigma.
Sabemos que o estabades esperando, por iso, o luns 4 volvemos con novo equipo e con moitas ganas.
E cunha nova sala que o noso coordinador deseñou especialmente para que o alumnado de bacharelato e da ESA poida usala como sala de estudo, consulta e préstamo.
Esperámosvos!!
Se na vida cotiá o balazo
non rebenta en estourido a estupidez, pouco importa intelixencia ou sentimento.
Inmaculábante. Eras necesaria. Inmacúlante. Es o principio da camiñada.
DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL
Xa vos podemos amosar a sorpresa que vos tiñamos preparada. Grazas pola enorme creatividade e polo traballo colaborativo. Propuxémosvos facer Bookface cos libros que tiñades por casa ou ben cos da biblioteca do noso centro. Puxéstesvos a darlle ó maxín... Tivemos moitas visitas este días en Bibliotrabe á procura das portadas máis inxeniosas e o resultado é esta mostra que vos deixamos aquí neste vídeo. Moitas grazas e desexámosvos lecturas apaixoantes!!!!
Música do vídeo: Belle and Sebastian, "Wrapped up in books".
23 DE ABRIL.
CREAcción Día do Libro 2021
Na biblioteca do Rego estamos preparando un xeito lúdico de festexar o día do libro e dos lectores. Todos os alumnos e profes están chamados a participar coas súas creacións e as súas propostas. Que voe a creatividade!!! Chegado o día ensinarémosvos o que estamos a argallar...
24 F DÍA DE ROSALÍA
CELEBRAMOS O DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. Realizamos unha serie de actividades interdisciplinares co traballo colaborativo do equipo de Normalización Lingüística, de Bibliotrabe, do Espazo Maker e o Club de Ciencias. Deixámosvos unha mostra nesta galería de imaxes das exposicións situadas no recibidor do edificio do Rego de Trabe, na Biblioteca, no edificio das Mariñas, da caixa de luz feita polos alumnos de Tecnoloxía e dos puntos de lectura con leds polo Equipo de Normalización Lingüística xunto co Club de Ciencias.
Con motivo do día de commemoración do día da muller e da nena na ciencia, o venres 11 de febreiro, estamos a desenvolver diferentes actividades para visibilizar a aportación das mulleres aos campos científico e tecnolóxico e fomentar a actividade das nosas alumnas en ciencias e tecnoloxías.
As actividades que estamos a realizar son:
CHARLA DO PROFESOR NACHO M. BAAMONDE
SEMANA DA ILUSTRACIÓN
PODEDES APORTAR PROPOSTAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS ILUSTRADOS E MANGA!
Só tedes que facer as vosas achegas a calquera profesor do centro ou ben vinde pola Biblioteca e tomaremos nota dos títulos que vos gustaría ter a vosa disposición en Bibliotrabe.
Algunhas propostas xa figuran nos vidros da Biblioteca e foron recollidas polos membros do club de lectura para as vacacións do Nadal.
DÍA DO USUARIO DA BIBLIOTECA
Hoxe, día 11 de xaneiro, festexamos a efeméride do usuario da Biblioteca. Cada alumno e compañeiro que se achegou á Bibliotrabe recibiu un fermoso e doce agasallo. Nos vidros da porta de acceso á préstamos, tiñamos un anuncio para explicarvos a nova e parece que o reclamo funcionou... Grazas a Luis e a Goretti por preparar este presente.