Fin de festa do Club de Lectura Vagalumes!
Como actividade de fin de curso e trala lectura de O bosque animado o Club de Lectura Vagalumes realizou unha ruta literaria a Villa Florentina, a Casa-Museo de Wenceslao Fernández Flórez. Á volta do roteiro, os membros do club realizaron un taller de cianotipia en Bibliotrabe aproveitando as herbas de San Xoán recollidas na Fraga do Eume.