miércoles, 2 de diciembre de 2020

 CONCURSO DE DESEÑO DE NADAL

                    


Gústache debuxar?  Tes talento para ilustrar o espíritu do Nadal? Xa tes claro cal pode ser o lema propio do tempo do Apalpador? Anímate a participar no concurso. Tes de prazo ata o 15 de decembro para achegar a túa obra artística á Biliotrabe. O día 18 resolveremos a incógnita, o gañador recibirá un agasallo e a súa imaxe  convertirase na felicitación de Nadal do presente curso. Libera a túa creatividade para despedir este ano!


miércoles, 25 de noviembre de 2020

 REUNÍMONOS O VENRES 26. PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

                                                                   VAGALUMES





    Os membros do club xa recibístedes a vosa invitación. Comezaremos compartindo as nosas inquedanzas polos libros de banda deseñada  e ata participaremos nun taller da man de Felipe e Goretti.

    Lembrade que aínda vos podedes anotar.

        Ata o venres!!!!


viernes, 13 de noviembre de 2020

FRECHAZO LIBREIRO. DÍA DAS LIBRARÍAS



Achégate a unha libraría do teu barrio  e festexa o seu día mercando un  libro cheo de aventuras, intriga, soños e momentos máxicos.

miércoles, 11 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO



Desde a  Asesoría das bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego. Bótalle un ollo a este enlace se tes curiosidade polo tema.




Por outra banda, o club de ciencias do IES vai participar nas videoconferencias que oferta IGACIENCIA. Visita a súa páxina se queres ver de que se está a falar no diferentes eidos científicos.


Apúntate ás videoconferencias do mes da ciencia en galego

E por último, co galo do mes da ciencia en galego, o alumnado de 1ª de  BACH  asistirá online a unha charla de NATALIA BARREIRO  sobre vacinas, organizada polo EDLG e relacionada coa lectura de Os nenos da varíola de María Solar. En bibliotrabe temos exemplares dispoñibles desta obra por se che apetece lela.






viernes, 6 de noviembre de 2020

      XA PODES ANOTARTE 

NO CLUB DE LECTURA VAGALUMES!!


martes, 3 de noviembre de 2020


POR FIN ABRIMOS!!!   Curso 2020/2021






miércoles, 27 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


Estes son os traballos do alumnado a través das propostas do EDLG. Deixámosvos aquí unha infografía sobre a vida do autor que foi creada a través do libro: De Carballo Calero a Carvalho Calero de Charo Baleirón Sóñora, Marta Domínguez Tenreiro e Belén Rodríguez Suárez editado por Hércules de Ediciones no 2020 e que podedes atopar nos andeis da nosa biblioteca:


miércoles, 22 de abril de 2020

HOXE É O DÍA DO LIBRO

Na BIBLIOTRABE botamos de menos ver os lectores e lectoras. Por iso vos facemos a seguinte proposta, queremos facer un álbum de recordo das lecturas deste momento histórico:


Os/As que queirades podedes enviar as vosas  fotos ata fin de mes a bibliotrabe@gmail.com

HOXE É O DÍA DA TERRA

Esta marabilla de póster foi creado para conmemorar na NASA o 50 aniversario desta celebración

LER E APRENDER EN CORENTENA

Velaquí iremos poñendo enlaces a recursos aos que podedes acceder desde a casa:

BANDA DESEÑADA

https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20200316/cultura-de-cuarentena-comic-comparte-obras-gratis-online-7892108

https://www.astiberri.com/products/memorias-de-un-hombre-en-pijama

https://www.astiberri.com/products/la-balada-del-norte

https://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/

http://consellodacultura.gal/libros-tipo.php?tipo=Banda%20dese%F1ada


LIBROS E AUDIOLIBROS

https://www.astiberri.com/products/lecturas-a-domicilio-libro-verde

https://www.astiberri.com/products/lecturas-a-domicilio-libro-naranja

http://rinoceronte.gal/editora/pf/rinoplan-de-continxencia/

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

http://www.laiovento.com/CATALOGO/932/OS-MONOS-DE-LAXEIRO.html

https://www.yaconic.com/descarga-gratis-3000-libros-de-arte-en-pdf/

https://www.acalexandreboveda.gal/ler-en-galego-desde-a-casa/

https://www.planetadelibros.com/seleccion-editorial/que-hacer-cuando-estas-aburrido-en-casa/203

http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2005_Os-dados-do-reloxeiro-ciencia-amena-para-mentes-inquietas.pdf

http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2007_Po-de-estrelas-Novas-receitas-cientificas-de-Os-dados-do-reloxeiro.pdf


PODCAST

https://vinte.praza.gal/video/novo-podcast-nalingua-episodio-0-ola

https://stories.audible.com/start-listen


WEBS CON ACTIVIDADES

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/

https://www.csic.es/es/agenda-del-csic/aprende-ciencia-en-casa-con-el-csic

https://alguenquerespira.gal/


DOCUMENTAIS

https://www.youtube.com/watch?v=YQTzC_zN0hM

http://carloslorenzo.gal/verticedeversos/


XORNAIS E REVISTAS

http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html

https://codigocero.com/








VISITA DOS VAGALUMES AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Os Vagalumes visitamos o pasado mes de marzo o salón do libro de Pontevedra, que este ano estaba dedicado ao Humor. Encantounos pasear pola cidade e coñecer a Orbil na súa casa.
Aquí podes ver algunhas fotos:

martes, 3 de marzo de 2020

ARANTZA PORTABALES NA BIBLIOTRABE

A autora de Beleza Vermella visitounos onte para intercambiar co alumnado impresións sobre a lectura da súa novela

viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

A entrada da biblioteca acolleu esta semana unha exposición e paneis sobre máscaras do Entroido tradicional realizadas polo alumnado de 1 ESO, membro do EDLG.



viernes, 14 de febrero de 2020

DESDE A CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA

Os membros do EDLG decoraron a nosa árbore de lectura coas vodas doa paxariños pola Candeloria.


jueves, 6 de febrero de 2020

PULSEIRAS EN MORSE E CURTAMETRAXE

Os integrantes dos  ..._ ._ _ _. ._ ._.. .._ _ _ . ...  tras leren o libro de Jacqueline Kelly: A evolución de Calpurnia Tate fixeron ._ _. .._ ._.. ... . .. ._. ._ ... coma estas inspiradas no espírito científico e na realidade feminina reflectida na obra.

Ademais, escribiron e gravaron unha curtametraxe sobre vagalumes baseada na novela, aquí podes ver unha pequena escena:




martes, 21 de enero de 2020

CALENDARIO E LECTURAS PARA O ANO NOVO

A revista dixital galega VINTE recomendou estes "Vinte libros para os últimos vinte anos"
Xa liches todos? Só algúns? ... Pois velaí tes unha primeira proposta de lectura para o 2020

Aquí podes ler o artigo: https://vinte.praza.gal/artigo/vinte-libros-para-os-ultimos-vinte-anos


Aproveitamos ademais para deixarvos aquí o calendario do libro e a lectura do ano que entra:

SWEET SIXTEEN

Sweet sixteen é o título do segundo libro que leron este curso os Vagalumes.
Para despedir o ano os membros do Club de lectura prepararon moitas actividades arredor desta obra:
  • Decoraron a biblioteca como un club de JAZZ e fixeron lecturas dramatizadas de fragmentos da novela:






  • Crearon unha exposición sobre a influencia no mundo da cultura negra e a importancia da loita polos Dereitos Civís:



  • Montaron un photocall para fotografarmonos no autobús de Rosa Parks:

  • O Departamento de Música organizou un concerto didáctico de Blues e Góspel:









  • O Departamento de Educación Física, contando como profesorado con alumnado de ESO, organizou un taller de Hip-hop:

  • O EDLG colaborou cunha exposición dos Dibuxos de negros de Castelao:


NADAL

Dentro das actividades de Nadal, a biblioteca decorouse para a época cuns calcetíns nos que as usuarias e usuarios podían facer as súas peticións de compra:


E cunha fermosa árbore con suxestións de lectura que quedou instalada na entrada da sala: