martes, 21 de enero de 2020

CALENDARIO E LECTURAS PARA O ANO NOVO

A revista dixital galega VINTE recomendou estes "Vinte libros para os últimos vinte anos"
Xa liches todos? Só algúns? ... Pois velaí tes unha primeira proposta de lectura para o 2020

Aquí podes ler o artigo: https://vinte.praza.gal/artigo/vinte-libros-para-os-ultimos-vinte-anos


Aproveitamos ademais para deixarvos aquí o calendario do libro e a lectura do ano que entra:

SWEET SIXTEEN

Sweet sixteen é o título do segundo libro que leron este curso os Vagalumes.
Para despedir o ano os membros do Club de lectura prepararon moitas actividades arredor desta obra:
  • Decoraron a biblioteca como un club de JAZZ e fixeron lecturas dramatizadas de fragmentos da novela:






  • Crearon unha exposición sobre a influencia no mundo da cultura negra e a importancia da loita polos Dereitos Civís:



  • Montaron un photocall para fotografarmonos no autobús de Rosa Parks:

  • O Departamento de Música organizou un concerto didáctico de Blues e Góspel:









  • O Departamento de Educación Física, contando como profesorado con alumnado de ESO, organizou un taller de Hip-hop:

  • O EDLG colaborou cunha exposición dos Dibuxos de negros de Castelao:


NADAL

Dentro das actividades de Nadal, a biblioteca decorouse para a época cuns calcetíns nos que as usuarias e usuarios podían facer as súas peticións de compra:


E cunha fermosa árbore con suxestións de lectura que quedou instalada na entrada da sala: