Na nosa lingua hai milleiros de palabras fermosas que agardan por vós. Descúbrideas.
Con motivo do Día das Letras Galegas, queremos encher a nosa biblioteca coas palabras que máis vos gusten. Podedes crear con elas imaxes .É moi doado.
Estas imaxes están realizadas con Tagxedo. Clicade na andoriña para saber como se fai. Se tedes dificultades podedes acudir á biblioteca.
Este é o título da biblioteca do IES REGO DE TRABE ata elixir outro consensuado pola comunidade educativa do centro.
viernes, 12 de mayo de 2017
CARLOS CASARES,protagonista do Día das Letras Galegas 2017
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendirase homenaxe a Carlos Casares ( Ourense, 1941-Nigrán,2002),unhas das figuras máis renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Xunto a Ramón Piñeiro redactou a Lei de Normalización Lingüística (1983).
Para coñecer máis sobre a súa vida e obra podedes clicar na imaxe da Fundación Carlos Casares.
No Portal das Palabras atoparedes un interesante retrato léxico do protagonista das Letras Galegas 2017. Clica na imaxe
Tamén temos unha exposición sobre o autor no primeiro andar do instituto. Poderá ser visitada, por calquera persoa interesada, de luns a venres en horario de 10 a 12 da mañá.
Libros dispoñibles na plataforma GaliciaLe
Para coñecer máis sobre a súa vida e obra podedes clicar na imaxe da Fundación Carlos Casares.
Tamén temos unha exposición sobre o autor no primeiro andar do instituto. Poderá ser visitada, por calquera persoa interesada, de luns a venres en horario de 10 a 12 da mañá.
Libros dispoñibles na plataforma GaliciaLe
viernes, 5 de mayo de 2017
PROXECTO MATEMÁTICAS.
O alcalde de Culleredo,Julio Sacristán, visitou o noso centro para ser entrevistado polos alumnos e alumnas que participan nun proxecto impulsado polo departamento de matemáticas no marco dos Contrato-Programa. O proxecto persegue mellorar a excelencia aplicando un enfoque matemático ao espazo natural da ría do Burgo.
O acto desenvolveuse no salón de actos e nel participou todo o alumnado de 2º de ESO, que seguiu con gran interese tanto a exposición do alcalde, como o turno de preguntas formuladas polos compañeiros e compañeiras implicados no proxecto. Foron tantas que houbo que prolongar o acto máis alá do previsto inicialmente.
Prensa da comarca como A opinión e El noticiciero de Arteixo fixéronse eco desta actividade nas súas páxinas .